Saturday 11 de May de 2024

Alumnos dos seis centros de secundaria de gravan outras tantas curtametraxes sobre a prevención da violencia de xénero


Os guións orixinais xurdiron dos propios rapaces, que cursan 4º de ESO

Alumnos dos seis centros educativos de Secundaria de Riveira estiveron a participar estes días na gravación doutras tantas curtametraxes sobre a violencia de xénero que serán proxectadas o vindeiro martes 16 no Auditorio Municipal.

Trátase dunha iniciativa promovida dende a Concellería de Igualdade a través do CIM (Centro de Información á Muller) e que conta co cofinanciamento da Deputación da Coruña.

Detrás deste proxecto están uns 300 alumnos pertencentes a 4º de ESO dos seis colexios aludidos (IES Nº 1, IES Leliadoura e colexios Bayón, Galaxia, Sagrado Corazón de Castiñeiras e A Milagrosa de Oleiros). Así, ao longo do mes de novembro os rapaces traballaron na creación dos seus propios guións orixinais para expresar a súa visión sobre a violencia de xénero.

Localización
Unha vez completado este labor se procedeu á gravación do material audiovisual, recibindo para isto apoio e asesoramento dun equipo profesional. As localizacións estiveron constituídas polos propios centros escolares convenientemente caracterizados (por exemplo, un comedor serviu para representar unha escea nun bar para o Sagrado Corazón de Castiñeiras) ou ben paraxes moi próximas como a praia de Coroso no caso do IES Número 1.

Nestes momentos se está a completando o proceso de montaxe. As curtas terán unha duración de entre un e cinco minutos e serán emitidas o martes 16, ás 19 horas, no Auditorio. O acceso será libre e gratuíto, co cal dende a Concellería de Igualdade se quere animar á poboación a que se acheguen á instalación para contemplar estes magníficos traballos.